img-entrada-festival-autobán

O venres 12 e o sábado 13 de agosto, coincidindo co último fin de semana do Viñetas desde o Atlántico, volve o autobán. Nesta ocasión celebrarse na Nave 1839, na estación de trens de Coruña.
Como tódolos anos ofertarán unha chea de actividades alonxadas do Mainstream viñetil. Así, actividade principal do festival, o Mercado de fanzines e autopublicacións desenvolverase o longo do sábado 13 de agosto. E a noite anterior, o venres 12, celebrarase o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes do mercado que queiran dar difusión ao seu proxecto.

Este ano anuncian ademáis que haberá novas actividades e sorpresas que nos irán desvelando aos poucos.

Se queredes apuntarvos ao Mercado podedes facelo enchendo o formulario de inscrición.

Vémonos alí!!!

Anuncios