Rúa-da-Bd-A-Coruña

Coma tódolos anos no mes de agotos chega o tan esperado para todos os comiqueiros festival de Viñetas desde o Atlántico. E nada mellor para ir quecendo motores que coñecer todo o que nos agarda este ano que se celebrará entre o 8 e o 14 de agosto.

Convidados:

  • Cristina Bueno, debuxante de Aquí vivió: historia de un desahucio na que aborda a realidade dos desfiuzamentos.
  • Nadar, autor de El mundo a sus pies novela gráfica sobre o desemprego.
  • Jorge González, Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Sins Entido con Fueye, que se achegou en varias ocasións aos efectos sociais das ditaduras iberoamericanas do XX.
  • Juan Díaz Canales, guionista de Blacksad e Corto Maltés que ven de lanzar a súa primeira obra como debuxante titulada Como viaja el agua.
  • Chris Claremont, autor de grandes obras de superheroes na Marvel.
  • Daniel Torres, autor de La Casa, na que fai un percorrido pola Historia da Humanidade a través das súas vivendas.
  • Ruben Pellejero, debuxante do coñecidísimo Dieter Lumpen e agora da nova aventura deCorto Maltés.
  • Ramón Marcos, autor galego convidado deste ano, debuxante de obras como Vida de naiou Operación mascota, dentro da serie Silvana, a filla do explorador.

Exposicións:

Kiosko Alfonso

Palexco

Sala Salvador de Madariaga

  • Fernando LLorente e Kiko da Silva os últimos gañadores dos Premios Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña exporán os orixinais dos títulos A carreta do diaño e O inferno do debuxante.

Pazo Municipal de María Pita

  • Miguelanxo Prado e David Rubín Miguel de Cervantes/El retablo de las Maravillas. Ambos autores recrearon nunha banda deseñada a vida do escritor e mais un dos seus entremeses máis coñecidos.

Actividades nas Bibliotecas Municipais 

  • Mostras bibliográficas en todas as bibliotecas

1442846170341_860_1000_U_42ce94a51e60f582f9ca21bad5448cca

Anuncios