O afamado viñetista Santy Gutiérrez, recoñecido polas súas divertidas e ácidas viñetas diarias no xornal “La opinión de A Coruña“, está con nós para facernos partícipes de cales son as pautas básicas para debuxar un cómic. O Obradoiro forma parte das actividades de Ler Conta Moito, programa de dinamización da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Se che gustan os tebeos e sempre quixeches debuxar un, ou se xa eres unha persoa iniciada nesta arte, non te perdas esta clase maxistral de Santy porque sempre nos deleita co seu ben facer.

Ven facer o teu propio cómic nunha xornada lúdica na que desfrutarás debuxando e aprenderás os recursos de expresión da 9ª arte!

Anuncios