Achéganse os días grandes do Festival de Viñetas desde o Atlántico e é por iso que as Bibliotecas Municipais temos preparado varios obradoiros para que sexan os días máis divertidos e alocados de toda a semana do cómic.
Coma tódolos anos as actividades que facemos son de balde e estades todos convidados, así que veña, gardade cxs vosxs pequenxs estas dúas datas no calendario e vémonos en #Viñetas2016

Actividades das Bibliotecas na carpa do Festival Viñetas desde o Atlántico

  • XogaMais. Modela o teu personaxe. Venres 12 de agosto ás 19h

Rapaces e rapazas poderán modelar o seu personaxe de cómic favorito co xogo de construcción e modelado PlayMais, unindo entre sí os copos fabricados con maíz 100% natural e tintados con colorante alimentario sen necesidade de pegamento, só empregando auga para que o almidón natural do maíz funcione. Pódense enrolar, cortar, rasgar, pintar con rotuladores, perforar e mesmo pegar a outras superficios coma o papel. Un xogo 100% ecolóxico e biodegradable que fará as delicias de todos e todas xs que se acheguen ese día á nosa carpa de actividades.

  • Enmascárate: Maquíllate de cómic. Sábado 13 de agosto ás 19h

Se queres maquillarte de personaxe de cómic achégate o sábado ao noso stand de viñetas e Cherry&Bannana faranche un maquillaxe que te convertirá no heroe ou heroíina de cómic que sempre che gustou ser.

.: Podes seguir todo o que temos preparado buscando #Viñetas2016 no noso Instagram, Twitter e Facebook :.

Anuncios