Como remate da campaña Guía Ninja, este outono a AGPI organiza un ciclo de charlas nas tres escolas de arte galegas que imparten formación en ilustración:
  • A primeira charla Ninja será na Coruña, o vindeiro luns 10 de outubro ás 12:00 h, na Escola de Arte Pablo Picasso. Os senseis Manel Cráneo e Guitián repasarán os contidos e os gráficos da Guía Ninja, ilustrándoos con anécdotas e experiencias reais. Se aínda non tes a túa copia da Guía Ninja en papel poderás facerte coa túa alí. A asistencia é libre e gratuíta.
  • En novembro haberá charlas ninja en Ourense (na EASD Antonio Faílde) e Pontevedra (Belas Artes). Proximamente dende a AGPI confirmarán as datas. Estade atentas e atentos á súa web.
Esta Guía Ninja pódese consultar e descargar en pdf en galego e en castelán dende www.guianinjadoilustrador.org e consultar en papel e levar en préstamo en todas as nosas Bibliotecas. Unha ferramenta imprescindible para ilustradoras e ilustradores!
Anuncios