Tralo éxito de Nela, Rayco Pulido acaba de publicar Lamia, un enigmático cómic negro ambientado na Barcelona dos anos 40 coa muller e a radio como protagonistas. E xa o temos esta semana de xira por Galicia, presentando Lamia en Vigo (Librería Banda Deseñada, mércores 19, 19:30 h), en Pontevedra (Librería Paz, xoves 20, 19:30 h) e na Coruña, na tenda da rúa Orzán de Alita Cómics, o venres 21, a partir das 19:30 h. Se aínda non vos fixéchedes con el, podedes ler a reportaxe de Jesús Jiménez (@vinetabocadillo) ou a reseña de Gerardo Vilches (@WatcherBlog), un bo xeito de ir coñecendo un dos cómics do ano.

Portada de Lamia, de Rayco Pulido

Anuncios