A vindeira semana comezamos cunha nova tempada do Club de Lectura de Cómics. Un espazo participativo e de reunión no que intercambiar ideas, experiencias e impresións a través da lectura común dunha obra de BD. Un espazo no que ti es o protagonista.

O Club está dirixido a persoas a partir de 15 anos e reunirémonos o último mércores de cada mes ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano da Coruña. Se estas interesado, non agardes máis, apúntate a partires de xa mesmo na tempada 2016-2017. Podes facelo de forma presencial na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano, chamando ao teléfono 981184298 ou vía email bforum@coruna.es. Prazas limitadas!!

Club de Lectura de Cómics

Se aínda tes dúbidas, aquí vai un adianto das próximas lecturas:

aqui-vivioAquí vivió / Isaac Rosa; Cristina Bueno (Nube de Tinta)

Unha ruptura familiar, un cambio de casa, a adolescencia. Tres situacións difíciles, e a Alicia tocoulle vivir todas á vez. Pero ademáis hai algo estrano na súa nova casa: veciños hostís, un diario segredo, unha visita inesperada e o comezo da toma de conciencia social dun problema que, por desgracia, cada vez afecta a máis familias.

Esta primeira novela gráfica de Isaac Rosa estase a converter nun relato imprescindible, conmovedor, riguroso e valiente, enmarcado nun dos episodios máis importantes dos últimos anos no noso nuestro país: a loita polo dereito á vivenda.

bella-muerteBella Muerte / Emma Ríos; Kelly Sue DeConnick (Astiberri)

DeConnick e Ríos parten dun western de aspecto clásico para, a continuación, distorsionalo e convertilo nalgo completamente novo, onde o inesperado convertese en habitual.

Bella Muerte é unha serie que combina o realismo máxico de Sandman coa brutalidade do western crepuscular de Predicador. Na súa primeira entrega foi nominada a varios premios Eisner en 2014: Sue DeConnick como mellor guionista, Emma Ríos por mellor lápiz/entintado e mellor portada, e Jordie Bellaire na categoría de mellor cor.

los-ignorantesLos Ignorantes / Etienne Davodeau (La cúpula)

¿Por qué alguén decide consagrar a súa vida a debuxar cómics ou a producir viño? ¿Como e para quen se fan?. Para responder estas preguntas Étienne foise, durante máis dun ano, a traballar aos viñedos e á bodega de Richard. Este, a súa vez, sumerxiuse de cheo no mundo do cómic da man de Etienne. Os dous levan aberto moitas botellas e lido bastantes cómics indo de acó para aló en busca de autores e viticultores apasionados polo seu oficio.

Un relato orixinal que nos o propón unha doble iniciación compartida.

Lembra prazas limitadas!! Apúntate xa!

Anuncios