Encontro dos clubs de lectura “Café con libros” co autor de cómics Miguelanxo Prado. O luns 31 de outubro teremos a oportunidade de conversar co Director do Festival Viñetas desde O Atlántico na Biblioteca Os Rosales.

No curso pasado limos e debatimos sobre o seu “Ardalén“, Premio Nacional de Cómic no 2013 e entusiasmounos. Estamos desexando poñer en común co seu autor as nosas apreciacións e inquedanzas. Pero non deixamos de ler obras del: “Trazo de xiz”, “De Profundis”, “Quotidiania delirante”, “Presas fáciles” e tantos cómics máis… Falaremos tamén do Festival Viñetas desde O Atlántico, a punto de cumprir os seus 20 anos de historia pero tamén queremos coñecer o programa do que vai ser o I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, do que tamén é o Director.

Anuncios