Cartel exposición de Davila en Museo del Humor de FeneNos vamos al Museo del Humor de Fene a ver la exposición de Luis Davila y también la colección permanente. Nos vamos por la cara (pero en autobús) que sale el jueves 10 de noviembre a las 16:00 h. del Forum Metropolitano de A Coruña.

Si quieres compartir con nosotros este viaje y la visita guiada que realizará el personal del centro, sólo tienes que inscribirte y podremos disfrutar juntos de “O humor do país” a exposición con las tiras cómicas de “O Bichero” además de conocer la colección de un museo único.

Botón de inscripción

Luís Davila, 1972. Humorista gráfico nado en Bueu e vencellado dende a súa infancia a este concello onde medrou e reside actualmente (considérase “morrasseiro” ata a médula espiñal).

Deseñador gráfico pola escola de Artes e Oficios Pablo Picasso de A Coruña,

Especialista en retratar o particular humor galego, facendo rir, mais tamén cavilar, aos lectores diarios do decano da prensa española. Dende o ano 1998 publica as súas tiras de “O bichero” e “O fotomatón” no xornal Faro de Vigo.

Alcumado “O bichero”, Luís Davila toma o seu nome artístico da ferramenta (un gancho cun garfo na punta) que levan a bordo no barco os mariñeiros do Morrazo.

O estilo de Davila combina “unha fina retranca e un tratamento irónico e intelixente da actualidade política, social, económica e mesmo deportiva, xunto a un certeiro retrato da idiosincrasia galega”. A través de personaxes como Dora a Desbrozadora (metáfora da muller traballadora voluntariosa galega), Davila “saca punta aos estereotipos, rise deles e fai rir con situacións que non resultan inverosímiles”, retratando a vida da Galicia máis auténtica: a dos labregos, mariñeiros, etc.

A día de hoxe ten autoeditados seis libros nos que compila as súas tiras de “O bichero”: “O bichero I”, “O bichero II. Outra ronda”, “O bichero III. Non hai dous sen tres”, “O bichero IV. Menudo día”, “O bichero V. Living a vida loca” e “O bichero VI. Ti sacha”.

Nos últimos anos o traballo de Luís Davila ven acadando cada vez máis repercusión, grazas sobre todo ao seu talento, pero tamén á súa constante presenza nas redes sociais (a páxina de Facebook “Fans de Luis Davila” conta con máis de 78.000 ‘likes’) e á súa participación en múltiples e variados proxectos, coma os espectáculos “Menú do día” e “Menú da noite”, nos que acompaña ao humorista Carlos Blanco sobre o escenario.

Anuncios