• TIPO: Encontros e presentacións
  • DIRIXIDO A: + 14 anos
  • CANDO: 30/11/2016 Aprazado para o 7/12/2016
  • INSCRICIÓNS: Entrada libre ata completar a capacidade
  • HORARIO: De 19 18:30 a 21 horas
  • ONDE: Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
  • CONTACTO: bforum@coruna.es Tel.: 981 184 298

Emma Ríos estará na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano para falar da súa obra “Bella Muerte” publicada por Astiberri. A visita enmárcase dentro dunha sesión especial do Club de Lectura de Cómics.

Emma Ríos (Vilagarcía de Arousa, 1976). Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña, formou parte do colectivo Polaqia, co que publicou a súa serie “A prueba de balas”. Tras unha primeira incursión no cómic estadounidense con Hexed, con guión de Michael Alan Nelson, debuxa para Marvel Runaways e unha miniserie do “Doctor Extraño”, guionizada por Mark Waid.

Bella Muerte” (Astiberri, 2014) é a súa terceira colaboración con Kelly Sue DeConnick, orixinalmente publicada por Image, cuxo segundo tomo está a rematar nestes momentos e que publicará Astiberri antes de fin de ano. Gañou o premio á mellor autora revelación no Expocómic de 2008.

Anuncios