Emma RíosSentimos moito ter que dicir, e máis aínda con tan pouca antelación, que temos que pospor o encontro con Emma Ríos ata o vindeiro mércores 7 de Decembro ás 18:30. Diversos compromismos da autora impiden que comparta con nós, o día indicado anteriormente, todo o que hai detrás de “Bella Muerte”; o título elexido polo noso Club de Lectura de Cómics como lectura deste mes de novembro.

Pero non vos preocupedes, entoamos o “non hai mal que por ben non veña” sabendo que poderemos ter, en primicia, á segunda parte desta magnífica obra que sairá ao mercado o 2 de Decembro.

Vémonos o 7 de Decembro

Anuncios