Novidades de cómic e cómics novos. Vaia título para un post! Pero é así: na Biblioteca Os Rosales sacamos novidades cada primeiro de mes. Literatura, cine, series… Nalgúns meses sacamos novidades editoriais de cómic, coma neste decembro. O novo de David Rubín, o novo de Emma Ríos (sae mañá á venda), o Premio Nacional de Cómic 2016, etc. Pero ademáis xuntáronse unha cantidade importante de donativos de cómic de persoas usuarias da biblioteca, que enriquecen aínda máis o fondo das nosas comictecas. Convidámosvos a vir á Biblioteca e consultar e levar en préstamo estas e outras xoias da nosa colección.

Anuncios