Hoxe na Nave 1839 temos dúas actividades para os amantes da arte gráfica. As 19:00 celebraráse un DRINK & DRAW, que é unha reunión de xente que ten o debuxo como paixón común. Non importa o nivel de implicación que se teña neste campo, calquer persoa pode asistir. Trátase dunha maravillosa escusa para que tanto afeccionados, como estudantes ou profesionais se xunten a tomar algo e pasen un bo intre mentras falan da súa paixón. Por parte da organización, que corre a cargo de Miñoco, proporanse algúns xogos que os asistentes poderán seguir para buscar inspiración. Soamentes é necesario levar papel e lapis, ou o material co que se sintan máis cómodos. A velada estará dinamizada pola música da DJ Gozamales.

Como ponte entre as dúas actividades, sobre as 21 horas, haberá unha presentación do libro de arte da película Psiconautas de Alberto Vázquez a cargo do propio autor, e a continuación proxectarase a curta de animación “El Ruido del Mundo” de Coke Riobóo.

Despois disto, sobre as 21:30 horas, terá lugar o ILUSTRANOITE. Un clásico, destas quedadas organizada pola AGPI, que consiste nun formato de presentacións multimedia onde varios profesionais de diversos campos da ilustración fan un percorrido pola súa obra ou proxectos de forma breve e áxil, ao estilo dos Pecha kucha. Nesta ocasión: Iria Fafián, Fátima Creeps Tatoo, Patricia Iglesias, Luis Sendón, Miguel Cuba, Bea Lema, Paripepop, Plano Pementa e Porte Jeremías presentarannos parte do seu traballo mentras Roque Romero actúa como mestre de cerimonias.

ENTRADA DE BALDE

Anuncios