Esta semana contamos con dúas presentacións imprescindibles na librería Alita (Orzán). O venres 16 Xulia Pisón presentará o seu traballo «(∞ – 1)» e o sábado 17, o autor do prólogo do fancine de Xulia precisamente, estará presentando o seu cómic máis incendiario «Gran Hotel Abismo». Falamos, claro está, do noso querido David Rubín.
Alita Cómics acollerá este venres 16 de Decembro na tenda do Orzán, 94 a partir das 19.00 horas a presentación do novo cómic de Xulia Pisón «(∞ – 1)», un recopilatorio de historias breves de diferente temática e que está coeditado por ela mesma e a librería Alita Cómics, no que é a segunda ocasión na que participa na edición dun cómic. Entre as historias recopiladas, figura «Ata o derradeiro alento» a historia gañadora no ano 2015 do certame “Xuventude Crea”, organizado pola Xunta de Galicia.
Alita Cómics acollerá este sábado 17 de Decembro na tenda do Orzán, 94 a partir das 19.00 horas a presentación do novo cómic de David Rubín e Marcos Prior «Gran Hotel Abismo», unha mirada sobre a violencia institucional e o caos social na que os autores propoñen nun futuro non moi lonxano, unha sátira política con acción a raudais, reflexión e experimentación formal.
Este de Xulia Pisón, o de Castelao de Benlloch e Fonso e um terceiro do curso de historieta de Miñoco.
Ismamelón Sobrino