Na Biblioteca Os Rosales preparamos unha guía de recomendacións de libros para agasallar neste Nadal 2016, e os cómics ocupan unha parte fundamental nestas propostas. Son poucos, poderíamos recomendar mil máis, pero o espazo é limitado, así que aí van: cómics para ler, reler, mirar, agasallar ou levar en préstamo 😉
Lupano e Panaccione / Reservoir Books, 2015
¿Por que nos gusta este libro?
- Porque é un cómic para todas as idades e todos os públicos
- Porque trata mil e un temas: amor, aventura, humor, crítica social e ambiental…
- Porque non ten texto e non o necesita para transmitir os sentimentos máis fermosos.
- Porque a expresividade dos personaxes e a beleza do debuxo déixanos co corazón sobrecollido.
- Porque é unha xoia, Premio de Cómic FNAC Francia 2015.
Taiyô Matsumoto / ECC, 2016 (6 números)
¿Por que nos gusta este cómic?
- Porque é un manga para todos os públicos, unha lectura deliciosa, de principio a fin.
- Porque din eso de non hai tomo malo. É unha colección pechada de seis números, na que se fai un emotivo retrato da infancia.
- Porque gustaríanos que todas as páxinas fosen en color, como a cuberta e as portadas. Un debuxo precioso.
Jaime Martín / Norma, 2016
¿Por que nos gusta este cómic?
- Porque é un retrato fiel e honesto da vida dos avós do autor.
- Porque sempre é necesaria coñecer a nosa historia recente. Aínda quedan moitas vidas por contar…
- Porque é unha historia de amor onde lemos dignidade, tenrura, humor, alegría e rabia.
- Porque está extraordinariamente debuxado.
Gabi Beltrán e Bartolomé Seguí / Astiberri, 2016 (edición integral)
¿Por que nos gusta este cómic?
- Porque coas historias entrelazadas e baseadas nos recordos de adolescencia do narrador, percorremos as rúas dunha zona de Palma que, naquela época, só existía para os que as habitaban.
- Porque o debuxo é maxistral e enfatiza a expresividade das personaxes.
- Porque Astiberri acaba de lanzar esta edición integral dun cómic esencial.
Emma Ríos / Astiberri, 2016
¿Por que nos gusta este cómic?
- Porque é unha historia chea de violencia e poesía, na que as mulleres son protagonistas e donas do seu propio destino.
- Polo debuxo espectacular de Emma.
- Porque é a segunda parte dun dos libros máis lidos e prestados nas nosas Bibliotecas.
- Porque a autora, que vive na nosa cidade, é unha auténtica celebridade no mundo do cómic.
David Rubín e Marcos Prior / Astiberri, 2016
¿Por que nos gusta este cómic?
- Porque é un cómic arriscado, unha sátira política con moita acción.
- Porque saben conxugar á perfección reflexión, emoción e experimentación formal.
- Porque incitan á rebelión e á reflexión cunha obra das que se adoita dicir «que non deixará a ninguén indiferente».
- Porque Rubín xoga mais ca nunca coa composición das páxinas e coas cores.
E non tiñamos espazo para máis recomendacións, quedándosenos fóra da guía xoias coma o Lamia de Rayco Pulido, El ala rota de Antonio Altarriba e Kim, La casa de Daniel Torres e La casa de Paco Roca, El mundo a tus pies de Nadar, El fantasma de Gaudí de El Torres e Jesús Alonso Iglesias, El olor de los muchachos voraces de Frederik Peeters e Loo Hui Phang, Presas fáciles de Miguelanxo Prado, Duerme Pueblo de Núria Tamarit e Xulia Vicente, Chiisakobee de Minetarō Mochizuki, Paul en el norte de Michel Rabagliati, Talco de vidrio de Marcello Quintanilha, Aquí vivió, historia de un desahucio de Isaac Rosa e Cristina Bueno, etc etc etc #recomendamosbmc