O último cómic que limos no Club de Lectura de Cómic, foi “Bella Muerte” de Emma Ríos (Astiberri), nós queremos recomendar como sempre varias obras que pensamos que non che van decepcionar, atentos:

bella-muerte-2Bella Muerte 2. El oso Emma Ríos, Kelly Sue DeConnick (Astiberri, 2016)

Dende logo se che gustou o primeiro número de Bella muerte, estás de noraboa porque fai un menos de un mes que saíu ao mercado o agardado número dous. Pásate rápido pola tua biblioteca e solicítao. Nesta historia intensa e poética a filla dunha muller agonizante fai un pacto cunha das parcas. Aprazar a morte da muller para dar ao seu fillo a oportunidade de volver a casa e despedirse dela. Pero o mozo está nunha trincheira en plena fronte de batalla en Europa. As parcas da Morte e a Fortuna converxen para enfrontarse coa parca da Guerra, que pretende cobrar unha terrible factura.

westW.E.S.T / Xavier Dorison, Fabien Nury, Rossi (Norma, 2005)

Estados Unidos, agosto de 1901. Catro homes son recrutados para formar de novo un equipo moi especial. Catro homes moi diferentes entre si que, unidos, forman o WEST, Weird Enforcement Special Team . Unha misión: pescudar quen se esconde detrás das estrañas circunstancias que envolven as misteriosas mortes dos membros da elite da nación.

el-lobo-solitario-y-su-cachorroLobo solitario y su cachorro / Kazuo Koike, Goseki Kojima (Planeta Cómic, 2003-2005)

Un manga histórico en todos os sentidos da palabra que, segundo palabras de Frank Miller, “transpórtache a outro tempo e a un país estraño, terrorífico, devastado e gris. Koike e Kojima narran e ilustran con mestría o retrato dun home, un neno e un país no seu camiño ao inferno.

predicadorPredicador / Garth Ennis, Steve Dillon (Planeta de Agostini, 2010)

Sincero, cáustico e directamente profano, Predicador é un cómic que segue a viaxe épica do reverendo Jesse Custer en persecución dun Deus fugitivo, para facerlle responder por todo o sufrimento da súa creación. Desde as cinzas dunha igrexa de pobo até as luces brillantes de Nova York, pasando polos pantanos de Louisiana, Jesse e os seus amigos percorren a alma de América nunha procura do divino, un esforzo que se verá freado por todo o mal que poidan reunir o Ceo e a Terra.

la-imposible-patrulla-xLobezno: Honor / Chris Claremont, Frank Miller.  [Incluído no 4º Tomo de La imposible Patrulla X, (Panini, 2015)]

Dous xenios do cómic uníronse para concibir unha saga que redefiniría para sempre ao mutante das garras de Adamántium. Chris Claremont, o Patriarca Mutante, aliouse a Frank Miller, o gurú dos ninjas, para realizar a primeira aventura en solitario de Logan, repleta de romance, intriga e violencia. Lobezno viaxa a Xapón para atoparse co amor da súa vida… E cos asasinos de La Mano! Incluído no cuarto e máis esperado volume das aventuras clásicas da Imposible Patrulla-X, unha xoia imprescindible para a biblioteca de todo auténtico fan de Marvel Cómics.

E cales recomendarías ti??

Anuncios