Este venres 30 de decembro, a partir das 19:00 h, última presentación do ano na librería especializada Alita Cómics (Orzán, 94). Neste caso, conta coa presenza de Emma Ríos, que presentará o segundo tomo de Bella Muerte. El oso, un dos cómics que máis triunfa tanto nos USA coma no noso país. A autora revelará as claves do gran traballo que hai detrás da historia, compartirá anécdotas, e adicará e debuxará todo o que se lle poña diante. Unha excelente oportunidade para despedir o ano rodeados da xente que fai e le cómics na cidade! Dende o grupo Fancómic non se nos ocorre mellor plan 😉

Lembrade: Emma Ríos e o seu Bella Muerte II. El oso, editado por Astiberri

Cando: Este venres, 30 de decembro, a partir das 19:00 h

Onde: Na Librería Alita Cómics da rúa Orzán, núm. 94

Cuberta de Bella Muerte II. El oso

Anuncios