Na Biblioteca Os Rosales, todos os meses de xaneiro, expoñemos os libros que máis viaxaron aos vosos fogares no ano anterior, e os cómics sempre destacan por sen materiais moi prestados e ocupar os primeiros postos da lista de libros de adultos máis prestados no ano. Pero é que ademáis é un pracer para nós, como bibliotecarias, comprobar que as novidades que imos incorporando e que algunhas das nosas recomendacións aparecen nestos listados, o boca-orella funciona!!!

Ocupan un papel destacado tamén, cómics das autoras e autores convidados ao Festival de Viñetas desde o Atlántico. Como tercer punto desta análise de andar por casa, comentar que os cómics dos dous autores que visitaron a nosa Biblioteca no 2016, Miguel Gallardo e Miguelanxo Prado tamén aparecen na listaxe entre os 20 títulos máis viaxeiros: María y yo no caso de Gallardo e o Traxo de Xiz de Miguelanxo. Xa vedes que non son precisamente dúas novidades, pero o atractivo da visita dos autores, fixo que a súa obra en xeral circulase de novo con ganas.

Grazas ás nosas usuarias e usuarios por manter tan vivas as nosas comictecas. O noso compromiso é dobre: seguir mimando ás lectoras e lectores de cómic e continuar rompendo cos prexuízos polos tebeos e facer novas e novos lectores cada día. Seguimos…

Anuncios