Co 2017 comeza unha nova fase da nosa particular Operación Crossover, a décima xa. E é que non nos cansamos de rotar os nosos cómics para que todas as usuarias e usuarios das Bibliotecas Municipais coñezan o fondo das nosas comictecas, que conforman unha única colección. Sabedes que, ao igual que coas novelas, consultando ás bibliotecarias e bibliotecarios ou no catálogo, podedes pedir, no mostrador da vosa Biblioteca máis próxima, que vos acheguen o cómic dispoñible en calquera das outras. Non deixedes de empregar este servizo!

Ata o 30 de marzo os lotes de cómics entre bibliotecas atoparédelos distribuídos da seguinte maneira:

Biblioteca Sagrada Familia – Biblioteca Monte Alto 

Biblioteca Os Rosales – Biblioteca Castrillón 

Biblioteca Forum – Biblioteca Ágora 

Na Biblioteca Os Rosales contamos cun lote de trinta cómics que pertencen á Biblioteca Castrillón. Cómics do máis apetecibles todos eles, que vos mostramos a continuación.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios