Presentámosvos as novas adquisicións de cómics para peques da Biblioteca Os Rosales, clasificados por idades para que acertedes sempre co libro axeitado.
VIÑETAS SEN LETRAS (DE 3 A 5 ANOS)
Matías y la nube. Matías recebe no seu aniversario un agasallo moi particular. Trátase dun cómic ideal para nenos a partir de 3 anos que, aínda que non saben ler, atrévense a cos tebeos aprendendo a ler imaxes secuenciadas.
PRIMEIROS LECTORES (DE 6 A 8 ANOS)
Súper patata 4, de Artur Laperla. Continúan as aventuras do noso tubérculo favorito para o deleite da rapazada a partir dos 6 anos. Pronto o número 5!
Las vacaciones de Martín conta o fantástico verán de Martín co seu avó, perdéndose no bosque, bañándose no río, cazando dinosaurios, coñecendo extraterrestes e moitas e interesantísimas cousas máis.
Robinsón Cruasán. Unha illa deserta, un náufrago perdido, un suculento cruasán e un misterioso rapaz son os ingredientes deste cómic sen texto para rapaces ata os 8 anos, do que sen dúbida tamén disfrutamos os adultos.
El globo rojo en la lluvia. Un sábado chuvioso non impide a Matilda mostrarlle á súa irmá Clementina a emocionarse e disfrutar dun día alegre e divertido. Historia cotiá ao tempo que universal, maxistralmente contada e debuxada polo noso adorado Liniers.
Pequeño peludo. Kramik el canalla. Pequeno peludo é un bo rapaz, curioso, optimista e valente. Encántalle vivir aventuras cas que aprender e coñecer o mundo que lle rodea. Atentos porque temos máis títulos desta colección!
La caja sorpresa. Do premio Pulitzer Art Spiegelman, neste cómic coñecemos a Jack e o seu xoguete novo, unha caixa un pouco boba, traviesa chea de sorpresas.
MOREAS DE AVENTURAS (DE 9 A 11 ANOS)
Angry Birds 1, operación tortilla. Máis furiosos e divertidos que nunca, aquí temos o primeiro tomo dos paxaros máis famosos. Aventuras e risas aseguradas.
PALABRAS MAIORES (DE 12 A 14 ANOS)
Jane, el zorro y yo. Hélène sofre acoso e humillacións na escola; a súa autoestima resíntese e énchese de complexos. A literatura semella ser o seu refuxio, identificándose ca historia de Jane Eyre e sérvelle de consolo no seu proceso dende a soidade e a tristeza, cara a esperanza.
Lembrade que podedes levalos en préstamo dende hoxe mesmo, solicitándoos en calquera das nosas bibliotecas, ou consultar a súa disponibilidade no noso catálogo.