MiiC: Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea é a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Galicia. Unha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

A mostra resalta o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen. Un elemento que admite un amplo abanico de técnicas e soportes e que, ademais, está sempre en constante evolución, o que provoca que se adapte facilmente ás novas tecnoloxías. A través da MiiC achegarémonos ao traballo máis creativo dalgúns dos artistas máis influentes deste século, ao mesmo tempo que descubriremos proxectos novos que están a despuntar dentro do panorama actual, especialmente en Galicia, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade.

Artistas e proxectos que participan: Alberto Vázquez / Arnal Ballester / Carlos Arrojo / Cinta Arribas / Cristóbal Fortúnez / Eme / Gary Baseman / Guía Ninja do Ilustrador (AGPI) / Ilustradores a la mesa / IlustraDots / Jano / José Ja Ja Ja / Los Bravú / Marina Capdevila / Martin Jarrie / Martín López Lam / Nobrow / Pepe Medina / Sara Pazos / Sergio Mora.

ONDE CANDO ENTRADAS DE INTERESE
Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións (Compostela)
Inauguración
Martes 21 marzo 2017 (20:00 h.)
Entrada gratuita Horario de exposición: Todos os días de 10 a 14h e de 16 a 19h
Anuncios