Volve o Autobom (a versión de inverno do Autobán), o evento de autoedición e Banda Deseñada de autor que se celebra na cidade da Coruña o sábado 1 de abril de 2017. O local onde se desenvolverá o Autobán e Nave 1839.

Nave 1839 é unha asociación cultural cun local que defínese como un centro social autoxestionado: un espazo multidisciplinar destinado a promover a cultura e as artes, e entre cuxos obxectivos primarios atópase o de fortalecer o tecido social do territorio no que se integra.

Os principales organizadores do Autobán son un grupo de autores e autoras de BD, coa colaboración de Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). O equipo de organización está formado por Bernal Prieto, Jano, María Álvarez, Martín Romero, Luis Sendón, José Domingo, Jorge Peral, M-glón, Alejandro Gaudino, Mateo Alvarellos, Xulia Pisón, Roberto Martínez Soler, Roque Romero, Kike Benlloch e Paula Esteban.

A programación comeza ás 16:30 h cun vermú fraternal e coa apertura do stand de fanzines comunitario. Dende o grupo de Fancómic recomendámosvos todas e cada unha das actividades que se irán sucedendo ao longo da tarde e noite: o vermú, o Autolab, o Autocine, os Concertos ilustrados… peeeeeero, temos que facer unha mención moi especial á mesa redonda -tan acaída nestes tempos nosos- que prepararon para as 18:30 h e que moderará o noso querido divulgador e crítico de cómic Eduardo Maroño: “É que ninguén pensa nos nenos? Reflexións sobre censura e liberdade de expresión”. Os creadores Alberto Guitián, Leandro Barea e Sekone falaran destes temas tan de actualidade, poñendo especial énfase na industria das artes gráficas e sobre como lle repercute os límites entre censura e liberdade de expresión.

Anuncios