Sabemos que tes problemas para elixir un cómic para nenos. Por iso Fancomic fai unha escolma por idades que, ademáis, podes atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña

VIÑETAS SEN LETRAS / ATÉ 5 ANOS.

cafecito

Cafecito y el patito / Mister Egg. Bang, 2015: O despertarse da sesta, Cafetito descubre a un pequeno pato chorando porque perdeu a súa nai. Sen dubidalo decidirá axudalo, e xuntos emprenderán unha divertida viaxe, na que toparán avestruces, galiñas e unha morea de animais con plumas, pero… encontraran a mamá pata?

El pequeño Olaf tiene una idea

El pequeño Olaf tiene una idea / Pep Brocal. Bang, 2012: Olaf e Topo están a voar nun avionciño de papel que eles mesmos fixeron cando ven que o bosque esta queimado. Para solucionalo, Olaf ten unha estrana idea; construir unha nave espa

cial!

fenn

Fenn y la pera / Jim Pluk. Bang, 2015: A raposa Fenn, enfadada por non ser quen de cazar unha galiña, dalle unha patada a unha árbore da que cae unha pera. Pero para que serve? Con moita curiosidade e paciencia vai comprobando que non é unha pelota, nin tampouco un barco… servirá quizá de mascota?

Croak Roll

Croak Roll / María Ramos. Sallybooks, 2016: Nunha tarde de verán na que esta ra está un pouco aburrida, comeza a tocar a guitarra, pronto outros animais da charca se unirán a ela con pianos, pandeiretas e moitos outros instrumentos. Déixate levar polo ritmo desta banda!

Cumpleaños de Babita

El cumpleaños de Babita / Natalia Colombo. Bang, 2016: Para festexar o seu cumpleanos Babita fai unha fermosa postal que deixa nos buzóns de todos os seus amigos, pero o pasar pola casa de Gorrión decide non convidalo.

 

Anuncios