Este mércores 3 de maio na Librería Alita Orzán 94 temos a oportunidade de coñecer á autora da parella mais alimentícia do cómic español: “Croqueta y Empanadilla”, que xa vai polo seu tercer volume. Ana Oncina, a partir das 19:30 h, presentará Croqueta y Empanadilla 3, a continuación das aventuras desta parella que supón o fenómeno editorial máis importante dos últimos anos no cómic español. Trátanse, dende logo, duns dos cómics máis prestados nas nosas bibliotecas, tanto entre o público adulto como entre o infantil.

E a parada na nosa cidade só é a primeira dun periplo que levará a Ana Oncina a percorrer varias librerías da nosa comunidade: Kómic en Santiago, Paz en Pontevedra e Banda Deseñada en Vigo. Non vola perdades!

Cartel de firmas de Ana Oncina por Galicia