Co gallo da Semana das Letras Galegas, Alita Comics participa, xunto con outras varias librerías da Coruña, na celebración deste evento convidando, neste caso, o profesor Xulio Carballo, experto en historia da BD galega, imparte un coloquio no que analizará a evolución histórica do galego no mundo da BD, a sua situación actual e o posible futuro que pode ter o noso idioma neste médio.

Xulio Carballo (A Coruña, 1978) está licenciado en Filoloxía Galega e en Teoría da Literatura, doutorándose coa primeira tese sobre Banda Deseñada Galega, tema sobre a que leva publicado varios artigos. Así mesmo, é membro da Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic (ACDC) tendo impartido numerosas charlas en universidades como as de Barcelona, Oxford, Lisboa ou Salamanca, na que ademais foi profesor de Lingua e Literatura galega. En 2016 foi comisario da mostra BDG 70: a revolta do cómic galego para a Sala Normal (espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña). Actualmente traballa como profesor no ensino secundario.

Lugar Alita Cómic   Facebook_icon Ubicación
Horario sábado 20 de mayo  20:00 hr.
Entrada Gratuíta
Anuncios