Conciencia Gráfica volve hoxe á carga cun tema delicado, un gran tabú, o abuso sexual infantil.

Oxalá non houbese que falar de algo tan estremecedor, pero resulta importante reflexionar sobre este problema coñecendo que polo menos 7 de cada 10 casos de abusos sexuais a menores en Europa son cometidos por persoas integradas na vida dos nenos, ás que coñecen e nas que confían, segundo os datos que recolle o Consello de Europa. Ademais, as cifras expoñen que un de cada cinco nenos do continente son vítimas dalgún tipo de violencia sexual.

Este álbum é sen dúbida un medicamento para o seu autor, unha enorme catarse que lle permitirá afirmar ao terminar a obra: “Agora estou en paz”.

 

ABUSO SEXUAL INFANTIL

Por qué he matado a Pierre. Alfred & Oliver Ka / Ponent Mon, 2006.

Premio do Público no Salón de Angoulême 2007, este cómic é un inmenso exercicio de introspección do guionista Oliver Ka, no que asistimos á súa infancia entre uns pais liberais e ateos e uns avós católicos practicantes, antes e despois dun feito que lle cambiaría para sempre. O autor íspese ante nós e describe como Pierre se intégra na súa vida e as consecuencias que tivo para el; sen culpabilizar, sen caer o a victimización, impactando pola súa veracidade e honestidade.

Alfred utiliza un grafismo simpático e expresivo para achegarnos a esta historia íntima e desgarradora, aínda que nada moralista, que serve de medicamento e desafogo para o seu autor.

Anuncios