[COTA PECHADA][Non se admiten mais inscricions]

Necesitamos da túa axuda para o Stand das Bibliotecas Municipais da Coruña durante a celebración do Festival de Cómic da Coruña “Viñetas desde o Atlántico 2017″ que se celebra do 7 ao 13 de agosto.

Como me fago voluntario oficial?

Moi sinxelo: cumprimenta este formulario de contacto e poñerémonos en contacto contigo para reunirnos un día e explicarvos as vosas funcións e, se queredes, tramitar a inscripción oficial como voluntario.

 

Que tes que facer no Festival?

Dende o 7 ao 13 de agosto debes axudarnos na montaxe e decoración da caseta, repartir os folletos na Feira e nas Salas de Exposicións de Viñetas, atender ao público na caseta e noutras instalacións, sobre todo, informar de todo o vencellado ás Bibliotecas Municipais da Coruña e colaborar coa organización do Festival.