Xa sabedes que agosto é o mes dedicado a Banda Deseñada nas Bibliotecas Municipais da Coruña e como cada ano ofrecémosvos varios escenarios para gozar da nosa arte preferida como e cando gustades.
EXPOSICIÓNS E MOSTRAS
10 de 10: Premios nacionais de cómic (1-31 agosto)
No ano 2017 cúmprense dez anos do Premio Nacional de Cómic, galardón que otorga dende 2007 o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Nas Bibliotecas Municipais levamos todo este tempo incorporando os títulos premiados ás nosas comictecas, así que é o momento de reunilas e amosar traballos tan ricos e diversos que producen os nosos autores máis destacados.
PUBLICACIÓNS
Conciencia Gráfica
Guía de lectura onde recomendamos os cómics actuais que viran ao redor de temas sociais, á problemática que vén afectando con máis intensidade aos máis novos e que se atopa na nosa contorna máis inmediata: bullyng, inmigración, desafiuzamentos, sexualidade…
Grandes tebeos para lectores pequenos
Guía de lectura onde recomendamos os cómic conforme as idades para que pais, nais e educadores teñan unha referencia útil e atractiva para desfrutar xuntos cos nenos e nenas. Tamén é moi útil para facer o agasallo axeitado cando non sabemos elexir entre a inxente oferta editorial destinada aos cativos.
STAND DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DA CORUÑA EN VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO (7-13 AGOSTO).
Tiny Fancomic: espazo pensado para que os mais pequenos descubran os cómics das nosas bibliotecas.
Préstamo de cómics: como na biblioteca, te prestamos las últimas novidades e as obras dos artistas invitados a Viñetas desde o Atlántico 2017
Sabes de cómic? Concurso de coñecementos para todo público. Ponte a proba e contesta a nosas preguntas.
- MiniSúperHeroes (ata 6 anos): fabrica superheroes con material sinxelo
- Antifaces (7 a 12 anos): elabora os antifaces dos persoaxes máis famosos do comic.
Photocall para compartir nas redes sociais o gardar un bo recordo das bibliotecas de Coruña.