Non pode arrancar de mellor xeito o XX aniversario do noso Festival de cómic Viñetas desde O Atlántico que poñendo en contexto a banda deseñada galega, as súas orixes e a súa evolución ata o día de hoxe. E é por iso que programamos na Biblioteca Os Rosales unha charla con Xulio Carballo a partir das 18:00 h: «Ler a nosa BD! Unha viaxe pola historia e os autores da Banda Deseñada Galega».
A entrada é libre ata completar a capacidade. Esperámosvos para compartir con todas e todos o Mes do cómic nas Bibliotecas Municipais.
Ufa!, a esa mesma hora abren as paradas da Rúa da BD. A saída hípica das carreiras para completar os boletos dun dos 500 exemplares do catálogo (conmemorativo?), a venda do libro teórico de Demo editorial (outros 500 exemplares)…
Ismamelón Sobrino