Os nosos pequenos e pequenas están disfrutando a tope do festival Viñetas dende o Atlántico 2017. Son moitos os rapaces que len cómics e que se emocionan cas súas personaxes favoritas, por iso lembrámosvos que o venres 11 e o sábado 12 a partires das 18.30h na caseta de actividades xunto á caseta de información, teremos dous obradoiros simultáneos para seguir gozando ca banda deseñada con creatividade e imaxinación. Non é necesaria inscripción.

  • Mini Super Heroes: elabora manualidades sinxelas e deixa saír o heroe que hai en tí, ata os 6 anos.
  • Antifaces de Super Heroes: fabrica o teu propio antifaz da personaxe que máis che guste, dende os 7 anos.

 

Anuncios