Alita Cómics acollerá este venres 15 de Setembro na tenda do Orzán, 94 a partir das 19.30 horas a presentación do novo cómic da coruñesa Paula Esteban, Red Bricks; un fanzine no que mestura costumismo, música e viaxes no tempo nun sorprendente cóctel, e que se suma á xa longa traxectoria desta nova, aínda que xa veterana autora.

Paula Esteban Blanco (A Coruña 1991) finalizou os seus estudos de Deseño Gráfico en Bélxica, e logo os de Ilustración na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Ten participado nas exposicións do Colectivo Miñoco dos anos 2014 e 2015 e autoeditou os seus fanzines No te agarres la cabeza 1 e 2, e Las Aventuras de Frisby & Trisky, así como múltiples ilustracións por encargo. No ano 2016 editou Titiritas, e no presente ano 2017 contribuíu nos fanzines colectivos Finnegan’s #6, Sr. Juez, e na publicación de Amnistía Internacional Nai dos Desterrados, que tamén maquetou. Colabora tamén na antoloxía da editorial Demo Licor Café, e ademais saca tempo para autoeditar o fanzine Red Bricks, que guioniza e debuxa.

Anuncios