A mostra bibliográfica “A volta ao mundo en 40 novelas gráficas” está a vosa disposición na Biblioteca do Ágora dende xa e ata o 12 de Novembro.

Para facela, partimos da idea orixinal da revista Peonza, que no ano 2014 sacaba un monográfico adicado a BD. Na nosa mostra, mergullarémonos noutros mundos, noutros países, noutras vidas, en ocasións moi afastadas ás nosas, noutras, non tanto.

As novelas gráficas escollidas ambientan un lugar, un barrio; cóntannos esas pequenas historias do día a día («Miércoles«), as loitas cotiás («Otras jaurías«), a emigración («Emigrantes«), a crueza das guerras («Puta guerra!«). Coñeceremos cómo é a vida dunha muller vivindo no réxime totalitario islámico de Irán («Persépolis«), a terrible situación en Cidade Juárez («Luchadoras«), son auténticas cartas de amor cara a unha cidade («It`s dark in London«), homenaxes a países, épocas (pasadas ou presentes) e a distintos modos de vida.

París, Nova York, Berlín, Madrid, Budapest, Groenlandia … pasarán ante os nosos ollos desde a particular visión do mundo gráfico, sempre buscando novas formas de comunicación e de innovación. Coa lectura destes cómics viaxaremos a outros lugares sen movernos do sofá porque… «Viaxar é a resposta, non importa cal sexa a pregunta».

Esperámosvos! 😉