Dobre ración de cómics para a comicteca da Biblioteca Os Rosales neste mes de novembro. Por unha parte sacamos 20 títulos de cómics feitos por autoras e/ou protagonizados por mulleres poderosas, e pola outra sacamos outros tantos exemplares no que destaca o cómic americano. Nesta comicteca non tiñamos ningún exemplar do Krazy Kat de Herriman, e a exposición do Museo Reina Sofía foi o empurrón perfecto para incorporar esta xoia do noveno arte á nosa colección.

Para consultar todos os títulos incorporados a esta comicteca, como ao resto de Bibliotecas Municipais da cidade, non dubidedes en consultar o noso catálogo ou, moito mellor, visitarnos!!! Estamos esperándovos para conversar sobre cómics.

Anuncios