O Magosto Gráfico é un microfestival de creación gráfica, que trata de acoller distintas sensibilidades creativas nun evento de día e medio de duración. A tarde do venres 24 e durante todo o sábado 25 de novembro desnvolveranse todas as actividades na sala -1 da sede de Sede Afundación A Coruña.

VENRES 24 de Novembro

18:00 – 21:30 h. Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración
Mostra de distintos autores e autoras deste Inktober 2017: Lucía Corral,Pepe MansillaRoque Romero, Diego Blanco, Ines Casarejoss, ÁlvaroLópez e Roberto Martínez Soler.
O Mercado de ilustración conterá postos con productos ilustrados de Nuria Díaz – Ilustración, Espazo Anfibio, Nuria FigueiredoLeandro BareaCarlos Arrojo Ilustración, Colectivo Fracasso, Axóuxeres e chisqueiros, e un posto colectivo de venda de fanzines e material autoeditado.
19:00 h. Drink & Draw especial animación.
Quedada para debuxar aberta a todo o mundo (profesionais e amateurs) cunha serie de probas, que nesta ocasión tratarán sobre a creación de elementos e personaxes para a súa posterior animación por parte dos integrantes do colectivo Ánimas Anónimas.
20:30 h. Concerto ilustrado
Concerto Ilustrado de Ocre con debuxo en vivo de Mateo AlvarellosPaulaEsteban.
Ocre, o grupo unipersoal de Edu Poch, ofreceranos unha actuación chea de maxía e electropop, acompañado do debuxo en directo dunha parella de xoves talentos.

SÁBADO 25 de Novembro

11:30 – 21:30 h. Expo Inktober 2017 e Mercado de Ilustración.
12:00 Minibán: contacontos de Iván Serrano
Contacontos de Iván Serrano ilustrado en vivo por Roberto Martínez Soler e Maria Alvarez Hortas.  Iván Serrano fará as delicias dos máis cativos coas súas cautivadoras historias para toda a familia, acompañado nesta ocasión por dous talentos da ilustración debuxando en directo.
13:30 h. Pinchada de F. Taccio e sesión vermú
Cara o mediodía poderedes desfrutar dunha sesión vermú amenizada polo xenial F. Taccio, que preparará unha animada sesión de musiqueo.
16:00 h. Charla
«A impresión dixital ao servizo da creatividade. Un mundo de posibilidades» polo Colexio Fogar Afundación.
17:00 h. Autocine
O Autocine consiste na proxección de curtas de animación independentes, especialmente escollidas por Martin Romero. Visualizaremos as seguintes pezas:
– “Double King” de ‎Felix Colgrave
– “Cat City” de Victoria Vincent
– “The Kiosk” de Anete Melece
– “Little Girl” de Steven Subotnick
19:00 h. Coloquio: “Mamá, quero ser artista! – Venturas e desventuras do mundo da creación”
Tres creadores xoves e talentosos xúntanse para descreber a súa evolución persoal e artística: Gemma Pérez, deseñadora gráfica e multimedia; Yago García Rodríguez (Ilustrador), ilustrador e deseñador de produto; eGiovanna Lopalco/ Pelo di Cane, animadora e ilustradora. Moderará o coloquio Bernal Prieto.
20:30 h. IlustraNoite
Minipresentacións ultrarrápidas ao cargo de persoas hipercreativas. O ilustraNoite é un evento da AGPI, cun formato axil e ameno que permite que varios creadores ou colectivos presenten a súa obra de forma rápida e divertida. Nesta edición contaremos con Santy Gutiérrez, página oficial en fbookIsa Albela, Espazo Anfibio, Roque RomeroCogomelo Games,SekoneOreli Pello _ Ilustración e Ánimas Anónimas.

As entidades e colectivos que colaboramos na organización do Magosto Gráfico somos AutobánMiñocoÁnimas Anónimas. Colectivo de animaciónAGPI Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

Anuncios