Na Biblioteca do Ágora temos unha nova mostra bibliográfica. Seguindo o fío da interesante e moi necesaria proposta realizada durante os últimos meses neste blogue e titulada “Conciencia gráfica”, desde o Ágora quixemos darlles a esas novelas gráficas de temática social un lugar destacado na biblio para que os amantes do cómic – e os que non – descubran ou revisionen eses títulos que nos fan pensar e plantexarnos as cousas dunha ou outra maneira.

Fai xa moito tempo que o cómic deixou de asociarse a un mero entretemento, a algo lúdico, e as temáticas sociais cada vez están máis presentes; hoxe en día nas viñetas cabe todo e fálase de todo: crise económica, conflitos armados, enfermidades, violencia contra a muller, bullying… e son unha boa plataforma de sensibilización e un espello da realidade na que nos atopamos inmersos.

A que esperades para achegarvos á biblio e botar unha ollada a estes cómics?? Podedes ver algunha foto da mostra no noso Flickr, e algúns dos títulos que podedes levar en préstamo nesta galería:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios