Rectifico, últimas novidades do ano na sala de adultos da Biblioteca Os Rosales. Que a nosa compañeira Marta ten aínda algunha sorpresa para as nosas nenas e nenos lectores de cómic! Este foi un bo ano en canto a compras se refire, xa non digo nada en canto a préstamos, que non deixan de medrar nunha das nosas coleccións máis mimadas! Esperamos que as disfrutedes tanto como o equipo de Fancómic desexamos.

O Artbook de Psiconautas, Cabana de balieiros, Tattoo, El secreto del salmo 46, A deserción de Stalin, Sobre las alas del mundo, Grigos locos, De tripas corazón, La niña Bois-Caïman, Episodios lunares, La gran aventura humana, Maldito Allende!, El último recreo, El gran duque, Cuentos y leyendas de Battaglia, Ojo de Halcón 4 e 5, Black Hammer, Charlie Chan Hock Chye, Ayako 1 e 2… Tentamos completar a nosa comicteca cunha oferta de títulos que se adapte aos gustos do noso público particular e que sexa o máis diversa posible. Calquera suxestión será sempre moi ben recibida. Precisamos do voso feedback para seguir traballando e tentar mellorar.  Vémonos na biblio!

Anuncios