Como ben comentou a nosa compañeira Sira no seu último post, este ano foi un bo ano para as nosas comictecas, tanto en novas adquisicións como en préstamos, así que se queremos seguir medrando, que teñades as últimas novidades para ler ou mesmo si considerades que non temos ese cómic tan especial para vós non dubidedes en suxerirnos títulos a través da páxina web cumprimentado este formulario ou achegándote á biblioteca máis cercana e cubrindo a túa suxerencia de compra.

La casa azul, En la misma clase 1, 2 y 3, El abominable hombre del cuarto oscuro, Crisis en tierras de Cruising, No cambies nunca, Corazones calientes : historias de amor, 1,2 y 3, Rosalie Blum, Valerosas. 2, Mujeres que solo hacen lo que ellas quieren, Sufragista : Sally Heathcote, El cuento de una rata mala, Diario de una femen, Juliette : los fantasmas regresan en primavera, Asylum, Los años Sputnik : Integral, Viva la vida : los sueños de Ciudad Juárez, Un adiós especial, Lamia.

Agardamos por todas e todos vós na Biblioteca. Lembrade que podedes consultar estos e outros títulos no noso catálogo, que podedes ir á Biblioteca do voso barrio e pedir que vos acheguen calquera dos títulos dos que dispoñemos nas comictecas e tamén consultar todas as novas adquisicións no noso Pinterest.

Anuncios