
A guía de lectura que tes nas túas mans conten as aportacións das bibliotecarias e bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña incluíndo tamén Banda Deseñada. Esta selección non pretende ser exhaustiva; tan só recolle aquilo que nos gustou especialmente entre o publicado nos dous últimos anos.
Cremos que esta guía che axudará a atopar pequenos tesouros para agasallar nestas festas de Nadal. Sabemos que regalar lecturas, cómics, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.
Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos… Visita a biblioteca municipal de proximidade do teu barrio, pérdete na nosa exposición “Historias de regalo”, pérdete entre as “Historias de regalo” e atopa ese libro, disco ou DVD co que sorprender nestas datas.
Solo tengo controlado el de 2012: https://www.tebeosfera.com/publicaciones/historias_de_regalo_2012_smb.html
¿Hubo más?
Y, ya de paso… Nunca fui capaz de encontrar el rastro de miguitas que me lleve por la internet hasta alguna foto de la entrega del Premio Ourense de banda deseñada de 2008. ¿Hay alguna libre de derechos por ahí?