Coruña Gráfica nace no ano 2015 como unha guía profesional das autoras e autores gráficos da Coruña e a súa área de influencia. No ano 2016 organízase tamén unha exposición coas obras das autorías presentes na guía e, xa no 2017, lánzase un completo programa de actividades centradas nun dos aspectos fundamentais da ilustración: o humor gráfico.

Nas Bibliotecas teremos a oportunidade de realizar, da man de Alberto Guitián, un obradoiro de humor inocente repetido tres veces en lugares distintos: os días 16, 23 e 30 de decembro nas Bibliotecas Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, Fórum Metropolitano e Ágora, respectivamente. Para poder asistir é necesaria a inscrición que, coma sempre, abrirase 7 días antes de cada un dos obradoiros:

Anuncios