Nas Bibliotecas Municipais de Coruña, o mes de decembro é un mes cargado de recomendacións literarias para disfrutar durante estas festas. Na sala infantil da Biblioteca Os Rosales incorporamos 16 novos títulos: seguimos completando as coleccións que máis éxito teñen: Dad, Astrid Bromuro, Leñadoras, Atlas y Axis, Hilda, Hora de aventuras, Doraemon e tamén incorporamos títulos novos como Steven universe, ¡Sonríe! ou Koma dos que seguro que tamén disfrutaredes tanto os pequenos coma os que non o somos tanto.

Lembrade que os podedes levar en préstamo dende calquera das nosas sucursais.

Felices festas!!!

 

Anuncios