Obradoiro dirixido a introducir na creación de humor gráfico a rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos. Os talleres estarán impartidos por Alberto Guitián.

Lugar Biblioteca Municipal Ágora Ubicación
Horario Venres 26 de xaneiro ás 18:30 h.
Entrada Inscrición gratuita ata completar aforo na propia biblioteca

Coruña Gráfica nace no ano 2015 como unha guía profesional das autoras e autores gráficos da Coruña e a súa área de influencia. No ano 2016 organízase tamén unha exposición coas obras das autorías presentes na guía e, xa no 2017, lánzase un completo programa de actividades centradas nun dos aspectos fundamentais da ilustración: o humor gráfico.

Anuncios