Ano novo, mostra nova. Na biblioteca Municipal Ágora quixemos levar a cabo unha nova selección bibliográfica na Comicteca, titulada “Viñetas ilustres”. Esta está formada por exemplares de Banda Deseñada premiada de todo o mundo -europea, americana, hispana, galega e manga.

Todos os cómics incluídos foron nalgún momento premiados e valorados con mención pola crítica, xa fora debido as súas marabillosas ilustracións, aos orixinais guións, as coidadas edicións… Entre os galardóns que recibiron os exemplares desta selección podemos ver: premios de salóns de cómic de todo o mundo, como o Saló Internacional del Cómic de Barcelona, recoñecementos de festivais de banda deseñada (Festival de Angouléme), premios nacionais de cómic de España, Premios Eisner ou Premios de BD Castelao, entre moitos outros.

Sexa como sexa, todos estes cómics son recoñecidos e aclamados polos fans do cómic. Invitámosche a achegarte á biblioteca a botarlle unha ollada aos exemplares máis ilustres da banda deseñada, e comprobar en primeira persoa a súa calidade. Seguro que hai moitos que aínda non coñecías!

Podes ver mais fotos da mostra no noso Flickr.  Velaquí vos deixamos varios dos exemplares que podedes levar en préstamo:

Viñetas_Ilustres (6).JPG

Animádevos a visitarnos! 😉

Anuncios