Durante todo o mes de abril celébrase o I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Os contidos do encontro son:

Charlas (20:00 h.)

  • Venres 6: Charla de Manel Cráneo sobre “o Proceso técnico e creativo da banda deseñada histórica”
  • Venres 13: “Barbanzáns e a Cultura castrexa en banda deseñada”, por Pepe Carreiro.
  • Venres 27: “Roma na banda deseñada” por José Barreiro.

Obradoiros (11:00 h.)

  • Sábado 14: Obradoiro de Victor Boullón para aprender a debuxar romanos e romanas e castrexos e castrexas (8-16 anos).
  • Sábado 21: Obradoiro de Miguel Fernández de creación de BD histórica (+ 17 anos).

As actividades continuarán o 16 de xuño na mesma festa de Arde Lucus na que os 6 ilustradores participantes recrearán o Lucus históicos apostados en lugarse estratéxicos da cidade.

 

Anuncios