Temos unha mostra de banda deseñada nova na Biblioteca Municipal Ágora! Invitámosvos a botarlle un ollo aos cómics escollidos para Apocalipse Gráfica, a nosa selección para esta primavera.
Desta vez decidimos adentrarnos nun mundo sinistro, caótico, apocalíptico. Podes mergullarte nunha marea de cómics distópicos e ucrónicos ou deixarte levar pola corrente cyberpunk. Nestes mundos todo é posible! Dende robots que toman o control das cidades máis grandes do planeta ata pragas que destrúen a humanidade deixando tras de si ruínas e polvo.

Apocalipse1

Dentro desta selección predomina o cómic americano e o europeo, sendo estes lugares o centro de ebulición do movemento cyberpunk, pero tamén hai mangas como Akira, cómic hispano (Días más largos que longanizas) e incluso un cómic americano debuxado polo coñecido autor galego David Rubín (El momento de Aurora West).

Podes ver mais fotos da mostra no noso Flickr aquí

Benvidos ao mundo do apocalíptico!

Anuncios