Fotografía del autor de cómic David RubínDavid Rubín foi o encargado de elaborar o cartel das festas de San Juan 2018 na Coruña que xa podemos ver pola cidade.

David Rubín (Ourense 1977) alcanzou xa notoriedade coa súa primeira obra longa, «O circo do desalento» (Astiberri, 2005), pola que é nomeado como autor revelación no Salón Internacional do Cómic de Barcelona de 2006 e gaña o I premio Castelao. A súa consagración vendrá coa seguinte novela gráfica, «A tetería do oso malayo», tamén publicada en Francia, Italia e a República Checa, que o acredita como finalista do I Premio Nacional do Cómic.

A partir dese momento desenvolve unha carreira a nivel internacional con obras como o poema épico «Beowulf», en colaboración con Santiago García, «A Ficción», xunto co guionista Curt Pires e «Miguel EN Cervantes. O retablo das marabillas», realizado con Miguelanxo Prado.

Nestes días ademais o artista ourensán atópase nomeado a 4 premios Eisner en distintas categorías polo que podemos considerar un luxo que nos fixera o cartel.

 

Anuncios