Necesitamos da túa axuda para o Stand das Bibliotecas Municipais da Coruña durante a celebración do Festival Internacional de Cómic da Coruña “Viñetas desde o Atlántico 2018″ que se celebra do 6 ao 13 de agosto.

Qué debes ter para ser voluntario?

Debe ser maior de 12 anos, ter espírito solidario, sociable, desfrutar coa xente e, por suposto, deben gustarche os cómics, coñecelos e ser capaz de comunicar esa paixón.

Como me fago voluntario oficial?

Moi sinxelo: cumprimenta este formulario de preinscrición e poñerémonos en contacto contigo para reunirnos un día e explicarvos as vosas funcións e, se queredes, tramitar a inscripción oficial como voluntario. Te citaremos para fins de xullo vía sms ou correo electrónico.

Que tes que facer no Festival?

Dende o 6 ao 13 de agosto,  nos turnos que asignemos, debes axudarnos na montaxe e decoración da caseta e carpa de actividades, repartir os folletos na Feira e nas Salas de Exposicións de Viñetas, atender ao público na caseta e noutras instalacións e, especialmente, informar de todo o vencellado ás Bibliotecas Municipais da Coruña e colaborar coa organización do Festival. Todo elo sempre baixo a supervisión do persoal da biblioteca.

 

Anuncios