O escritor e artista Steve Ditko faleceu aos 90 anos, foi o co-creador de Spiderman, Doctor Strange e Thor, entre outros súper heroes recoñecidos de Marvel.

En 1962 presentou xunto a Stan Lee o personaxe de Spiderman, un mozo con fabulosos poderes arácnidos que acabaría converténdose nun dos superheroes máis populares da historia do cómic e en toda unha icona pop.

Ditko, entre outras cousas, deseñou o mítico uniforme de Spiderman, a aparencia de Peter Parker e algúns dos personaxes secundarios da serie. Puxo a súa firma no deseño de viláns como Doctor Octopus ou o Norman Osborn.

O mundo dos cómics perde a un dos seus grandes creadores.

Anuncios