O prometido é débeda e neste post recollemos os cómic que máis nos gustaron este verán e que recomendamos aos nosos/as pequenos/as lectores/as. Edicións moi coidadas, historias orixinais e divertidas e ilustracións de gran calidade nuns tebeos que estou segura tamén encantarán aos adultos. Confeso que a min me teñen conquistada!

Lembrade que as suxestións por idades non son máis que iso, unha orientación, e que sempre hai que ter en conta as características propias de cada lector ou lectora para acertar na elección do mellor tebeo en cada momento.


VIÑETAS SEN LETRAS. De 0 a 5 anos.

Manu en la montaña / Diego Arandojo, Bang Ediciones, 2018.

Tapas duras, cores suaves e un máximo de 6 viñetas por páxina, nunha nova historia de Manu. Coñecímolo na súa excursión á praia e agora atrévese ca montaña.

El paseo nocturno de Tippy / Lilli Carré. La Casita Roja, 2017.

Debuxos sinxelos e planos, poucas cores (cálidas e frías) e moitas oportunidades de descubrir novas palabras xa que, aínda sin saber ler, os peques podrán seguir a historia e aprender vocabulario.

Peque el pez / Marta Cunill. Bang Ediciones, 2018.

Esta novidade editorial del Bang Ediciones ten cores luminosas, debuxos planos e unha historia con final sorprendente, axeitada sen dúbida para os máis pequenos.

Viaje al fin del mundo con ratón/ Frank Viva. La casita Roja.

A aventura que supón unha viaxe á Antártida é a excusa perfecta para adentrarse neste cómic de imaxes preciosas e un universo máxico á vez que repleto de elementos cotiás.


O MEU PRIMEIRO CÓMIC. De 6 a 8 anos.

Narval, unicornio marino / Ben Clanton, Juventud, 2018.

Último Premio Eisner ao Mellor Cómic para Primeiros Lectores. As súas historias son tenras e divertidas e os debuxos conquistan a todos, sobre todo polo seu sentido do humor.

La cena con la reina / Rutu Modan. Fulgencio Pimentel, 2017.

A autora de cómics máis coñecida de Israel, constrúe unha divertidísima historieta sobre gamberrismo infantil a partir dunha conversación ca súa filla durante a cea.

Lily megamosca 2 / Pep Brocal, Bang Ediciones, 2018.

Trasfondo ecoloxista nesta triloxía, da que presentamos a segunda entrega, na que bechos xegantes queren dominar a cidade.

Caja 2. Patrick Wirbeleit e Uwe Heidschötter, La casita roja, 2018.

Mateo pasa uns días cos seus avós e comezan a construír unha torre de vixilancia. Xunto o seu amigo de cartón, a aventura de construír a torre máis alta do mundo non pode ser máis máxica e divertida.

Gol, aventuras no mar / Tokio, Demo Editorial, 2018.

As historietas autoconclusivas de Gol teñen a clara intención de divulgar unha mensaxe ecolóxica e de complicidade coa fauna mariña a través do humor visual.

Animalia, 1. Verde / Xosé Tomás, Xerais, 2018.

”Animalia” é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais en tres entregas: a primeira, “Animalia 1. Verde”, localizada na selva; a segunda, “Animalia 2. Branco”, no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.

Policán / David Pilkey, SM, 2017.

O novo heroe do creador do Capitán Calzoncillos, Policán, chega cargado de divertidísimas historias de polis e cacos.

Superpatata 7 / Artur Laperla, Bang Ediciones, 2017.

Séptima entrega deste tebeo protagonizado polo noso tubérculo favorito, longa vida a Súper Patata!


O vindeiro luns atacamos de novo con recomendacións entre os 9 e 14 anos.

Anuncios