Seguimos con recomendacións de cómics para rapazada entre os 9 e os 14 anos.

MOREAS DE AVENTURAS. De 9 a 11 anos.

Ariol / Emmanuel Guibert, Harper Collins Ibérica, 2018.

Imaxinativo e gamberro, Ariol é un asno de cor azul, con gafas e moitos amigos. As súas historias, dun máximo de 4 viñetas por páxina, resultan moi familiares e divertidísimas.

El pavoroso miedo de Epifanía Susto / Gauthier y Lefvre, Norma, 2017.

Epifanía ten medo sempre e unha sombra séguea a todas partes. Cansada de vivir limitada emprende unha viaxe na busca da súa liberación. A beleza das ilustracións é verdadeiramente fascinante.

Hilda y el bosque de piedra / Luke Pearson, Barbara Fiore, 2017.

Non é a primeira vez que recomendamos esta marabilla, pero non podemos deixar de facelo tamén nesta ocasión. Quinto volume desta serie gañadora de varios premios, no que a súa aventureira protagonista vive nun mundo que mezcla o máxico e o cotiá.

Los diarios de Cereza / Joris Chamblain, Alfaguara, 2018.

Cereza ten once anos e soña con ser escritora. Misterio e aventuras con ilustracións fantásticas nesta serie (en outubro sae o número 4) que foi galardoada co Premio ao Mellor Cómic Infantil de Angoulème 2017.

Comedor / Nob, Dibbuks, 2018.

Cheo dun humor sinxelo e branco, esta colección de chistes do autor de Marieta, los recuerdos de Naneta e Dad recolle unha morea de situacións centradas na relación dos nenos ca comida.

Tragones y mazmorras / Ryôko Kui, Milky Way Ediciones, 2017.

Manga atípico en 8 volumes, fantasía, aventuras e xénero culinario con grandes doses de humor, influído por Dragones e mazmorras ou World of Warcraft.

El niño brujo / Milly Knox Ostertag, Harperkids, 2018.

Na familia de Aster a todas as mozas edúcaselles para ser bruxas, mentres que aos mozos ensínaselles a cambiar de forma. Quen se atreva a desafiar estes límites será exiliado. Cores cálidos e debuxos fermosos nun cómic sobre a importancia de ser quen queres ser.


PALABRAS MAIORES. De 12 a 14 anos.

Leñadoras 3 / Noelle Stevenson, Roca Editorial de Libros, 2018.

Nas anteriores aventuras as Leñadoras topábanse con monstros mariños, yetis posmodernos e dinosauros miopes; agora afrontarán encontros con sirenas máxicas, homes-lobo e a banda de punk rock submarino máis colosal que poidas imaxinar.

Lila trotamundos / Stefano Turconi e Teresa Radice, Dibbuks, 2017.

Lila é a filla dun domador de insectos e da muller bala que traballan en Le Cirque de la Lune. Aos seus doce anos, é unha nena curiosa, alegre e fascinada pola beleza das pequenas cousas.

Super Sorda / Cece Bell, Maeva, 2017.

Ir ao cole e facer amigos pode ser moi difícil. Pero ir ao cole e facer amigos cando levas un audífono enorme atado ao peito? Para iso fan falta superpoderes!

Moon girl y el dinosaurio diabólico / Montclare, Reeder, Bustos, Panini, 2017.

Lunella Lafayette é unha adolescente superdotada, incomprendida e diferente… e quere cambiar o mundo. Contará ca axuda dun dinosaurio mutante con bastantes malas pulgas. Divertida e trepidante. Éxito asegurado.

Jolly Jumper ya no puede mas / Jean Lèturgie, Xavier Fauche, Norma, 2018.

Un dos Dalton comezou unha folga de fame en prisión. Necesitan que Lucky Luke os axude a rescartar a Ma Dalton que foi secuestrada, pero o noso famoso vaqueiro ten un verdadeiro problema: Jolly Jumper xa non responde.

Drama / Raina Telgemeier, Maeva, 2018.

Se che gustaron Sonríe e Hermanas, atrévete con Drama, o último traballo de Raina Tegelmeier na colección Maeva young, unha historia sobre a amistad, o primeiro amor e con moito drama.

Anuncios