O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas que, desde o ano 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

As Bibliotecas Municipais da Coruña sumámonos á iniciativa homenaxeando a aquelas mulleres das letras que merecen unha especial mención. E como non pode ser doutra maneira, dende Fancomic tamén queremos destacar e recomendar o papel das Mulleres no mundo do cómic.

Van estas recomendacións como un exemplo da importacia das autoras que loitan pola igualdade real e efectiva nun mercado tradicionalmente dominado polo home:

Poncho fue / Sole Otero (Ediciones La Cúpula)

Resultado de imaxes para poncho fue

Lu e Santi coñécense por un amigo común. Cítanse, enténdense, rin, bícanse e pasan a complementarse. Empezan a compartir, fan algún plan de futuro, teñen sexo acotío e en calquera parte e cada un parece comprender as necesidades do outro. Demasiado bo para ser real? Pode, pero é real. Pero o tempo corre, emerxen as diferenzas e as discusións fanse frecuentes. Alguén está a boicotear a relación? Está a recado a autoestima de cada un? Es ti ou son eu? Deixámolo, arranxámolo, ímonos, volvemos? Poncho fue é o relato pormenorizado dunha relación sentimental fundada na manipulación psicolóxica. Unha historia de amor intensa e por momentos terrible da que ninguén sairá sendo o mesmo.

Lo que más me gusta son los monstruos / Emil Ferris (Reservoir Books)

megustaleer - Lo que más me gusta son los monstruos - Emil Ferris

Esta é a historia de Karen Reyes, unha peculiar nena de dez anos que vive na escura Chicago de finais do sesenta. Leva un diario gráfico que reflicte a súa paixón polas películas de terror de serie B e a iconografía das revistas pulp de monstros. Retrátase a si mesma como un nena-lobo vestida de detective e, como tal, proponse un día resolver o misterio que rodea o asasinato da súa bela e enigmática veciña do piso de arriba, Anka Silverberg, unha sobrevivente do Holocausto.

Mentres Karen investiga o crime, veremos pasar as vidas fascinantes e interconectadas de todos quen a rodean.

La Propiedad / Rutu Modan (Sins Entido)

Resultado de imaxes para la propiedad de rutu modan

Unha historia sobre a familia, o amor e os segredos esquecidos.Despois da morte do seu fillo, Regina Segal viaxa coa súa neta Mica a Varsovia coa esperanza de reclamar unha antiga propiedade familiar perdida durante a II Guerra Mundial. A medida que van percorrendo a cidade, Regina reencontrarase co seu pasado e Mica comeza a preguntarse se quizá as razóns da súa avoa para vir a Polonia fosen diferentes ás que lle fixo crer nun principio.O enxeño e realismo que caracterizan a Rutu Modan se aúnan perfectamente co estilo de liña clara predominante na obra. La Propiedad consolida a Modan como unha das máis destacadas debuxantes da actualidade.

La perdida / Jessica Abel (Astiberri)

La perdida

Carla, unha norteamericana distanciada do seu pai mexicano, decide ir á capital do país azteca para “atoparse a si mesma”. Instálase en casa dun antigo ligue que segue as pegadas dos seus heroes William S. Burroughs e Jack Kerouac polos bares da cidade. Harry tómase con bo humor a reaparición de Carla na súa vida ata que se dá conta de que esta, que se pasa os días empapándose da cidade, explorando a casa de Frida Kahlo e aprendendo español, non ten intención de largarse.

Cando a relación de mutua tolerancia entre Harry e Carla chega ao seu inevitable fin, ela renega do seu mundo de anglófonos expatriados e búscase o seu propio grupo de amigos: o guapo Óscar, un camelo con ínfulas de DJ, e o carismático Memo, un pseudointelectual de esquerdas.

Os evocadores debuxos en branco e negro de Jessica Abel fan cobrar vida á cidade de México de onte e de hoxe, despregando a escura historia de Carla fronte aos legados de Burroughs e Kahlo. Un relato sobre o desexo xuvenil de vivir unha vida auténtica e as consecuencias de confiar nas respostas sinxelas, La perdida -arraigada nas especificidades da vida en México e universal á vez- é unha historia sobre atoparse a un mesmo ao perderse.

Non hai mellor maneira de celebrar o Día das Escritoras que achegarte á túa Biblioteca e levarte en préstamo cómics de autoras. Xa estás tardando!